Curso de informática para menores

O día 19 de setembro a aula ceMIT do concello de As Pontes, situada no soto da casa
Dopeso, porá en marcha un novo curso dirixido ós máis pequenos da casa. Neles aprenderemos
a aproveitar á informática para mellorar os nosos traballos escolares. Organización
de arquivos e carpetas, buscas de información por internet e edición de documentos
serán algunhas das actividades a realizar.
Esta actividade é totalmente gratuíta e está orientada a nenos de entre 8 e 12 anos. Dará
comezo o luns 19 e rematará o xoves 29 cun horario de 17:00 a 18:00.
Para inscribirse inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT
das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono
637 900 975, enviar un correo electrónico a cemit.aspontes@xunta.es ou visitar a
web https://cemit.xunta.es.
Resultado de imagen de aula CEMIT as pontes