Curso de edición de imaxes con Gimp

O día 12 de xuño comezará na aula CeMIT de As Pontes un curso de edición de imaxes con gimp.
Enmarcado dentro do Banco de Tempo da rede CeMIT, está actividade realizarase en horario de mañá de 10 a 12 ata o día 22.
O obxectivo de esta actividade é aprender o manexo básico do software GIMP. Empezando polo uso das ferramentas que nos proporciona este programa, aprenderemos a crear carteles sinxelos, facer pequenos retoques nas nosas fotos e realizar montaxes simples combinando os coñecementos aprendidos.
Contenidos
Introducción e descrición da interface gráfica
Conceptos básicos de imaxes dixitais
Uso de capas
Ferramentas de selección
Uso de outras ferramentas
Retoques que podemos facer ás nosas fotos
Un cartel sinxelo
Montaxes simples
Para inscribirte ou para solicitar mási información podes acudir á aula CeMIT de As Pontes situada no soto dol Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a cemit.aspontes@xunta.es ou visitar a web cemit.xunta.gal.
1