Curso de “Inglés para Viaxar” en Santiago

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca un curso de Inglés para Viaxar, dentro do Plan de Formación para a Rede Galega de Información Xuvenil 2013. O curso celebrarase no Centro Coordinador de Información Xuvenil, en Santiago de Compostela.

Obxectivo do curso: desenvolver a competencia comunicativa en relación co uso da lingua inglesa en contextos de mobilidade.

Destinatarios/as: mocidade entre 18 e 30 anos de idade, que dispoñan do Carné Xove, e con coñecementos previos de inglés a nivel Bacharelato (nivel B1) ou ESO (nivel A2).

Criterios de selección: a selección virá dada pola orde de presentación das solicitudes  e de acordo coas seguintes prioridades.

1º- Solicitantes que acrediten un nivel B1 de lingua inglesa: estudos de Bacharelato, Ciclo Medio de Formación Profesional, Ciclo Superior de Formación Profesional, estudos nas Escolas Oficiais de Idiomas.

2º- Solicitantes que acrediten un nivel A2 de lingua inglesa: estudos de ESO ou equivalentes.

Número de horas: 20 (12 horas de clases presenciales, divididas en 8 sesións de 90 minutos de duración, e 8 horas de clases a distancia).

Número de prazas: 20

Contidos:

  • Planning your trip.
  • Looking for accommodation.
  • Moving around.
  • Eating out.
  • What’s on?

Modalidade de impartición: semipresencial.

Lugar de impartición: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil en Santiago de Compostela.

Datas de realización: do 19 de novembro ao 19 de decembro de 2013.

Sesións Presenciais: tódos os martes e xoves de 18.00 a 19.30 horas.

Data de inscrición: do 29 ao 11 de novembro de 2013. Cubrir e enviar o seguinte formulario.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Información:

Centro Coordinador de Información Xuvenil

Tel.: 881997606/07

Correo: oixuventude.traballo@xunta.es