Corazón negro

“Corazón negro”, a viaxe fotográfica de Lucas Blanco polo mundo trasládase ao papel

O fotógrafo naronés, co seu novo traballo		             jorge meis

Senegal, a zona andina de Ecuador, a India, os campamentos saharauis de Tinduf, Portugal ou a costa do Cantábrico compoñen unha ruta física e sentimental que durante anos levou a cabo o fotógrafo naronés Lucas Blanco retratando toda a vida que saía ao seu paso. Toda esa experiencia visual pasou a formar parte dunha exposición que se presentou en Narón hai ano e medio baixo o título de “Corazón negro”, e que agora se traslada ao papel nun libro homónimo. Este traballo definitivo preséntase mañá ás 19.00 horas na sala Carlos III da fundación Exponav, en Herrerías.
O volume componse de 25 imaxes dos citados lugares que van acompañados doutros tantos textos, algúns deles escritos polo propio Lucas Blanco aínda que a maioría procedentes da autoría da poeta albaceteña Mar Herrera.

proxecto bubisher
O traballo ponse á venda a un prezo de 12 euros, dous dos cales irán destinados a un proxecto de construción de dúas bibliotecas nos campamentos de refuxiados no Sahara, en Tinduf (Arxelia). A iniciativa faise en colaboración co proxecto Bubisher, unha proposta xurdida en Pontevedra en 2008 que trata de fornecer de libros, bibliotecas e hábitos de lectura aos refuxiados.
O acto de mañá, aberto ao público, contará coa presentación do propio Lucas Blanco, a quen acompañará o prestixioso escritor de literatura xuvenil e xornalista valenciano Gonzalo Moure. Tamén confirmou a súa asistencia a presidenta de la Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Isla, e posiblemente a do delegado en Galicia da Fronte Polisaria.

Diario de Ferrol