Convocadas axudas económicas para FCT e FP Dual 2019

 

Publicada a Orde do 6 de maio de 2019 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP Dual.
Resultado de imagen de fct becas


AXUDAS CONVOCADAS: 

Modalidade A: Axudas para FCT en FP de grao básico, medio, superior, ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño, Ensinanzas Deportivas, programas formativos e FP dual dentro do territorio español.

Modalidade B: Axudas para FCT en FP de grao básico, medio, superior, ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño, Ensinanzas Deportivas, programas formativos e FP dual fóra do territorio español co fin de mellorar as competencias lingüísticas e profesionais.

REQUISITOS:

  1. Estar matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma ou ensinanzas concertadas coa Conselleria de Educación, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de Formación Profesional, Artes Plásticas e Deseño, Ensinanzas Deportivas, Programas Formativos ou FP Dual.
  2. Rematar o período de formación práctica en centros de traballo ou FP Dual antes do 31 de decembro de 2019.
  3. Ver exclusións no artigo 7 da orde do 6 de maio.
As solicitudes e os seus anexos preséntanse no centro educativo e establécense DOUS PRAZOS: 

1. O primeiro prazo: 31 días naturais contados a partir do 21 de maio de 2019, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2018-marzo 2019, e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2019. O alumnado de FP Dual acollerase a este prazo.
O alumnado ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2019 e que anticipase o período de FCT non se acollerá a este primeiro prazo.

2. O segundo prazo: será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2019 para o alumnado de ciclos formativos ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2019. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2019. O alumnado que teña horario flexible con autorización da Dirección Xeral e remate despois do 31 de decembro de 2019 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.

REMUNERACIÓN: 

a) Alumnado que realice a FCT ou FP Dual dentro do territorio español: 
1) En Galicia: Ata un máximo de 300 €
2) Fóra de Galicia: Percibirán unha cantidade fixa de 200 €.


b) Alumnado que realice a FCT fóra do territorio español: 

1) Unión Europea:

2) Non integrados na Unión Europea:

DOCUMENTACIÓN:

  • Solicitude normalizada segundo o anexo I desta orde.
  • Declaración do enderezo de residencia durante o período de realización da FCT ou de FP Dual, segundo o anexo II desta orde.
  • Fotocopia do DNI en caso de non dar consentimento para a comprobación de datos.