Convocadas as probas de acceso a ciclos de FP de grao medio e superior en Galicia 2020

 

Convocadas as probas de acceso a ciclos de FP de grao medio e superior en Galicia 2020

Publicouse a Orde do 8 de xaneiro de 2020 pola que se convocan as probas de acceso a ciclos de Formación Profesional de Grao Medio e Superior para o ano 2020.

PRAZOS DE INSCRICIÓN:

  • CICLOS MEDIOS: Entre o 2 e o 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.
  • CICLOS SUPERIORES: Entre o 10 e o 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos.

REQUISITOS DE INSCRICIÓN:

  • CICLOS MEDIOS: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 17 anos no 2020.
  • CICLOS SUPERIORES: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 19 anos no 2020.

NON NECESITAN PROBA: As persoas que posúan un título de Técnico Medio (Ciclo de grao medio) ou BUP teñen acceso directo aos ciclos de grao superior, non necesitan proba de acceso. (Consultar web da Consellería).

CONSULTAR EXENCIÓNS E DOCUMENTACIÓN: Orde do 20 de xaneiro de 2020

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN:

    • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, dispoñible na aplicación informática «ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal).
  • A solicitude tamén pode cumplimentarse a través da seguinte aplicación: https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do, que xerará un documento que se deberá imprimir e presentar nun centro que imparta FP.
  • O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

PERSOAS QUE ACREDITEN DISCAPACIDADE OU TDAH:

  • As persoas con necesidades específicas derivadas de alteracións físicas, psíquicas ou sensoriais cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán solicitar as medidas ou os recursos adicionais necesarios para desenvolver a proba de acceso.
  • Quen solicite proba adaptada deberao facer constar expresamente no momento da inscrición.
  • Ademais tamén poderán solicitar a adaptación das probas as persoas diagnosticadas de trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH). A solicitude de proba adaptada farase constar expresamente na solicitude de inscrición e xuntaráselle a xustificación documental do diagnóstico de TDAH (informe médico e informe psicopedagóxico se o houbese).
  • A adaptación da proba que deben superar estas persoas deberá respectar o esencial dos referentes de avaliación establecidos para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou grao superior.


CONSERVACIÓN DA CUALIFICACIÓN DAS PARTES SUPERADAS:

En caso de ter superada alguna parte da proba nas dúas convocatorias anteriores (2018 e 2019) pódese solicitar a conservarción da cualificación, neste caso non é posible examinarse de novo das partes superadas.

DATAS E HORARIOS DA PROBA:
Lembrar que hai que acudir á proba co DNI e a copia do impreso de inscrición que se realizou.

  1. Asprobas de acceso aos Ciclos de Grao Medioterán lugar o día 28 de maio de 2020 no horario que se indica a seguir:
  • Ás 9.00 horas: presentación.
  • Das 10.00 ás 13.00 horas: parte matemática (matemáticas) e parte sociolingüística (lingua castelá, lingua galega, ciencias sociais).
  • Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica (ciencias da natureza, tecnoloxía).
  1. Asprobas de acceso aos Ciclos de Grao Superiorterán lugar o día 23 de abril de 2020 no horario que se indica a seguir:
  • Ás 9.00 horas: presentación.
  • Das 10.00 ás 13.30 horas: Parte común da proba (matemáticas, lingua galega e lingua castelá).
  • Das 16.00 ás 18.30 horas: Parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo VII da resolución).




CALENDARIO DAS PROBAS 2020:  Enlace para imprimir calendario.


INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA ESTA CONVOCATORIA:

Ciclos Medios: Enlace para consultar a seguinte información.

    • Acceso á nota informativa
  • Instrucións para a realización da proba.
  • Sedes (lugares) para celebración da proba 2020
  • Consultar listaxes de inscritos, listaxes de exencións, notas.

Ciclos Superiores: Enlace para consultar a seguinte información.

  • Acceso á nota informativa
  • Instrucións para a realización da proba.
  • Sedes (lugares) para celebración da proba 2020.
  • Consultar listaxes de inscritos, listaxes de exencións, notas.


ENLACES PARA INFORMARSE:

Fonte: Monica Diz