Curso de iniciación musical

O 1 de outubro comezarán as clases do curso de Iniciación musical para nenos de 3 a 7 anos, no que aprenderán música xogando e xogarán aprendendo música. A continuación publicamos os prazos de matrícula e os horarios.

Matrículas
Matrícula para nenos xa matriculados o curso pasado: luns 23 e martes 24 de setembro de 15.30 a 19.30.

Matrícula para nenos de nova matriculación: mércores 25 e xoves 26 de setembro de 15.30 a 19.30.

Horarios
Nen@s de 3 anos
Grupo A: xoves de 17.30 a 18.15.
Grupo B: xoves de 18.15 a 19.00.

Nen@s de 4 anos
Grupo A: mércores de 16.30 a 17.15.
Grupo B: luns de 17.15 a 18.00.

Nen@s de 5 anos
Grupo A: luns de 15.45 a 16.30.
Grupo B: mércores de 17.15 a 18.00.

Nen@s de 6 anos
Grupo A: martes de 19.00 a 19.45.
Grupo B: luns de 16.30 a 17.15.

Nen@s de 7 anos
Martes de 19.45 a 20.30.