Consellos para a selectividade

Estes son uns consellos que Auria, hoxe universitaria, ex alumna do IES A Sardiñeira ofrece aos rapaces e rapazas que se examinan de selectividade o mes que ven. Esta rapaza ofreceu ao alumnado de 2º de BAC unha charla dentro do programa do instituto “ex alumnos nos orientan”

  • O primeiro que nos dixo ao comenzar, refiríndose á tensión que se vive esos días, foi:”Esto é o máis duro na vida dun estudiante, todo o que ven despois é moito mellor”, así que vale a pena esforzarse porque pronto vai  acabar.

  • O segundo, saide con tempo suficiente da casa, hai moito tráfico porque moita xente se dirixe as facultades pola PAU. Si vades xustos de tempo chegaredes moi tensos.
  • A PAU hai que vela con normalidade, é máis difícil superar bacharelatoto que a PAU. Veredes que os exámes son máis sinxelos que os que tes ao longo do curso. Cando chegas alíe  sacan o examen pensas “e para esto tanta historia”.
  • O día anterior non fixen nada, só descansar, e tamén descansei os días previos. Si vas tenso, ansioso e sen durmir corres o risco de cometer erros. Todo depende da nota que necesites para a carreira que queres. Si necesitas poca nota tendás menos tensión e irás máis relaxado, eso axudarache a que che saian mellor os exames, pero entendo que si necesitas moita nota a tensión vai en aumento. Pero hai que controlala, respirar fondo, ir descansado.
  • Unha vez pasado o primeiro exame todo vai moito mellor, porque  daste conta de que non é nada difícil.
  • Durante os días que dura a proba, entre exame e exame os compañeiros nos reuníamos para descansar mentres outros aproveitaban para facer un repaso a algo que se lles viña á mente.
  • Os profesores que están por alí  ayudante moito, así que se tes calquera  imprevisto eles te axudarante a solucionalo.
  • E convinte tomarse un tempo para elexir a opción A o B de exame que vas  escoller. As presas poden facer que te equivoques na elección, a min pasóume nun exame, pero como xa o tiña avanzado non puiden cambiar.
  • A hora e media que te dan para cada exame chega de sobra, nunha hora podes terminalo así que tómate o teu tempo para elexir a opción, esa decisión é clave.
  • E moi recomendable examinarse das materias da fase específica porque non restan, só suman puntos si aprobas, é un erro non presentarse a elas.
  • Unha vez terminada a PAU as xestións posteriores son moi sinxelas. A aplicación para consultar notas, reclamar e facer a preinscripción é moi intuitiva, resulta moi fácil facer a inscripción e a matrícula na universidade.
  • Se tenes mala sorte e suspendes tampouco é o fin do mundo, non pasa nada porque tenes o título de bacharelato que é o que importa, podes estudiar un ciclo de Formación Profesional de grao superior, que está moi ben e logo dache acceso a un grado.

Fonte: Mónica Diz Orienta