Congreso de voluntariado en Ferrol

CONGRESO GALEGO DE VOLUNTARIADO ‘CONSTRUÍMOS?’

O vindeiro 20 de maio terá lugar no edificio do CIS Galicia en Ferrol o Congreso Galego de Voluntariado que levará por título “Construímos?”, e contará como poñente principal a César García-Rincón de Castro, doutor en Socioloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca, cuxa tesis doutoral se basou en investigar e desenvolver un modelo pedagóxico para educar a solidariedade e a prosocialidade.

Nos próximos días publicarase o programa do evento. A partires de hoxe e ata o día 13 de maio podedes inscribirvos no Congreso (www.voluntariadogalego.org)

Tamén podedes solicitar, ata o día 5 de maio, unha caseta no Congreso se sodes unha entidade de acción voluntaria inscrita no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.