Conferencia de Javier Urra

2015javierurra

O 21 de abril, Javier Urra impartirá a conferencia “Ser joven hoy” dirixida  a alumnado de 6º de primaria e Educación Secundaria Obrigatoria da cidade de Santiago de Compostela, así como a familias e persoal técnico do ámbito socioeducativo.

Será no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela o día 21 de abril ás 17:00 h.

Esta iniciativa, dirixida á xuventude do concello de Santiago de Compostela e organizada polo equipo comunitario do barrio de Fontiñas coa colaboración do Concello, ten coma obxectivo que os adolescentes coñezan os dereitos e obrigas que asisten a todo menor e aprendan a exercitar os seus dereitos de forma responsable, así como poñer de manifesto as consecuencias, dende un punto de vista legal, de determinadas condutas; fomentar a participación dos adolescentes na vida comunitaria; desenvolver conciencias críticas sobre o seu modo de actuar e proceder; desenvolver contidos curriculares (propios de certas materias educativas) cunha metodoloxía innovadora e participativa e desenvolver nos adolescentes a reflexión e a actitude crítica.

Tamén se pretende que o persoal técnico do ámbito socioeducativo aprenda a analizar, definir e clarificar as normas de actuación co colectivo infanto-xuvenil, a incrementar o coñecemento sobre os recursos existentes relacionados coas situacións de vulnerabilidade social que afectan aos menores e a fortalecer as pontes entre a institución escolar, a social e a comunidade.

Paras participar nesta actividade e necesaria a inscrición previa, que se pode realizar por medio do correo electrónico ise@santiagodecompostela.org Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo antes do 14 de abril de 2015.

O programa desta segunda edición de A nosa vida en positivo, nacida tras o éxito da primeira celebrada en 2013, foi deseñado por persoal técnico da UTS Fontiñas, do Programa Municipal Socioeducativo e do Programa Municipal de Prevención (todos eles pertencentes á Concellería de Servizos Sociais) conxuntamente con persoal do IES Antonio Fraguas.

Máis información en http://www.santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?id_nova=12801&lg=gal