Concurso de guións contra a violencia de xénero

A Deputación da Coruña convoca un concurso de guións contra a violencia de xénero.
O obxecto do certame é elaborar un guión de curtametraxe a través do cal se xere conciencia, sensibilización e prevención da violencia de xénero.
Preténdese que a través da elaboración do guión a poboación adolescente cree debate, mobilización, fomente a súa creatividade mentres reflexionan
sobre a importancia de combater a violencia de xénero. Así mesmo, o obxecto do concurso procura a participación da comunidade educativa como piar necesario para guiar e orientar no proceso de creación.
O premio concederase ao mellor guión onde se combinen aptitudes artísticas e creativas do alumnado na creación dun guión creativo, con impacto social, potencialidade e viabilidade audiovisual, que en tan só uns minutos pretenda concienciar a poboación en xeral dos motivos polos que debemos xuntar os nosos esforzos para combater a violencia de xénero e erradicar esta lacra social.
Requisitos:
Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 14 e 18 anos, de calquera nacionalidade, que se presenten
individualmente ou preferentemente en grupo (máximo 6 participantes por grupo), supervisados por persoal docente do centro
de estudos ao que se adscribe, pertencente á provincia da Coruña.
Premio:
Outorgarase un único premio ao guión gañador que consistirá nun curso práctico de realización de curtas, no que se producirá o
vídeo con base no guión gañador que adaptarase segundo as necesidades e onde as persoas participantes poderán ser partícipes e
protagonistas en todo o proceso.
O prazo para presentar guións estará aberto ata o 26 de decembro de 2014
Máis información no BOP da Coruña do 25 de novembro de 2014.