Concerto outras musicas do mundo no Alovi

CONCERTO CANTAREIRAS DE ALENDEAUDITORIO MUNICIPAL CINE ALOVI Día 30 de maio ás 21.00h

A Asociación Cultural Alende naceu no 1996 da antiga actividade de baile tradicional do Grupo Xuvenil das Pontes que existía dende o ano 1978.

Alende desenvolveu dende entón actividades de baile tradicional, música e canto tradicional, teatro, bailes de salón…

Traballamos pola recuperación do noso folclore e das nosas tradicións, saímos a cantar os aguinaldos, temos comparsa de entroido e participamos na festividade dos músicos Santa Icía en colaboración con outras asociacións da vila.

O grupo de cantareiras de Alende leva varios anos traballando na recuperación de cantos tradicionais : aguinaldos, cantares de cego… pero sobre todo pasándoo ben botándolle unhas pezas.

O grupo formano cantareiras, frauta, zanfona e percusión. Temos actuado en diversos festivais en Galicia e Portugal, onde cantamos xunto outros grupos os aguinaldos.

O concerto OUTRAS MÚSICAS DO MUNDO é un repaso por cancións das máis variadas procedencias. Desde o máis próximo, o folclore portugués ou asturiano, ata cancións significativas da cultura vasca, catalana ou aragonesa e músicas do outro lado do mar, con temas canarios ou arxentinos. Un atrevemento feito desde a humildade e o gusto pola diversidade.