Colaboradores bolseiros en Residencias xuvenis

ORDE do 21 de abril de 2015 pola que se determinan as bases reguladoras e se convocan prazas de persoas colaboradoras–bolseiras para as residencias xuvenís dependentes desta consellería para o curso 2015/16.
colaboradoresbolseiros2015

Si és estudiante  en Lugo, Ourense o Vigo podes solicitar unha bolsa como colaborador nas residencias xuvenís.

Poderán solicitar as bolsas para residencia todas as persoas físicas que reúnan os seguintes requisitos:
1. Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea,ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
2. Ter unha idade mínima de 18 anos e menos de 30 na data do 31 de decembro do ano en curso.
3. Estar cursando estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclo formativo de grao superior, que admitan,polo seu contido e saídas profesionais, a formación e a práctica a través de calquera das tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil.
4. Non ter perdido con anterioridade a condición de colaborador/a por causa imputable á persoa solicitante.
5. Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade no centro.
6. Ter unha renda media familiar que non supere o 150 % do IPREM do ano en curso.
Dereitos das persoas adxudicatarias
1. A concesión da bolsa comporta aloxamento e mantenza gratuítos na residencia xuvenildurante o seu período ordinario de funcionamento (de setembro a xullo):
a) Durante as vacacións académicas de Nadal e Semana Santa non se ofrecerán os servizos de mantenza nin de aloxamento, ben que se lles reservará ás persoas residentes o dereito á tenza de efectos nos cuartos.
b) As fins de semana e festivos non se prestarán servizos de comedor.
c) O aloxamento será de tal xeito que lle permita ao/á bolseiro/a a normal realización dos seus estudos.
2. O recoñecemento da súa condición de colaborador/a-bolseiro/a ante o resto das persoas residentes.
3. Contar coa asistencia dun titor ou titora que coordine e dirixa a actividade que desenvolva como bolseiro/a na residencia.