Colaborador-bolseiro/a nos Centros Residenciaias Docentes

Orde do 25 de xuño de 2019 pola que se convocan prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2019/20 (código de procedemento ED308A).

1. A persoa solicitante deberá ter os seguintes requisitos:
a) Dezaoito anos cumpridos, ou acadar esta idade dentro do ano natural 2019.
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño do labor de apoio no desenvolvemento da actividade diaria da residencia.
2. A distancia entre o centro universitario onde curse os estudos e o centro residencial
docente, así como os medios de comunicación existentes, deberán garantir a dispoñibilidade no horario en que teñan que realizar o devandito labor de apoio.
Artigo 3. Requisitos académicos
1. A persoa solicitante deberá estar inscrita ou matriculada en ensinanzas universitarias
de grao, máster oficial, primeiro, segundo ou terceiro ciclo nunha facultade, escola superior, escola universitaria ou colexio universitario no curso 2019/20.

 

Ver DOG: 20190705_bolserios_crd