Coidado cos noivos violentos

 

TEN COIDADO SE…..

  – Se non soporta aos teus amigos ou amigas e prefire que quededes sempre os dous a soas
– Se sempre é el quen decide cándo quedar, a qué hora, ónde…
– Se che di que non lle gusta que vaias a ningunha parte sen el e xustifícacho dicindo que non pode estar sen ti
– Se controla a túa maneira de vestir, maquillarte, falar ou comportarte
– Se se mostra protector e paternal cara a ti dicindo cousas como: “eu sei o que é bo para ti”, ” sei o que che convén”…
– Se para conseguir o que quere hai veces que te fai sentir culpable
– Se te chantaxea se non queres manter relacións con el, poñendo en dúbida os teus sentimentos cara a el
– Se te fai responsable da súa infelicidade
– Se “o pon dos nervios” que lle leves a contraria
– Se che di que sería “capaz de calquera cousa” se o deixaras
– Se ás veces “se quenta” e che di que lle dan ganas de pegarche
– Se non soporta non saber o que fas ao longo do día
– Se necesita saber todo o que din os/as teus/túas colegas del
– Se intenta ter controlado o teu móbil para saber con quen falas
– Se ten a sensación de que o estás provocando para que “salte”
– Se non se fía do que lle contas e o comproba
– Se lle custa moito desculparse, e máis se é ante ti
– Se sente que, como home, ten que protexer ás mulleres
– Se non está disposto a ocuparse das tarefas da casa e se”escaquea” todo o tempo conseguindo que lle dean todo feito
– Se é el el quen toma as decisións importantes da parella
– Se se burla de ti e te avergonza en público
– Se critica constantemente as túas opinións ou a túa forma de pensar
– Se non se interesa polas túas cousas
– Se algunha vez se pon tan nervioso contigo que se descontrola e sentes medo
– Se te trata como se foras menos competente ca el