Cinemas de Galicia

Presentación da programación do circuito CINEMAS DE GALICIA

A concelleira de cultura, Sara Ramos presentou esta mañá no auditorio municipal Cine Alovi, a programación de cine para os meses de novembro e decembro.

O Cine Alovi é un edificio de referencia cultural para o noso concello e a comarca. No ano 1951 foi inaugurado como sala de proxección ao estilo da época e dende entón non deixou de ter actividade cinematográfica.

A diferencia doutras localidades de Galicia nas que as salas de cine foron desaparecendo, o cine Alovi no seus inicios como sala comercial e a partir de 1990 como auditorio municipal, sempre mantivo a actividade cinematográfica adaptandose durante estes anos aos diferentes sistemas audiovisuais.

Esta nova pogramación bimestral ten especial importancia porque se fai no marco do circuíto de “Cinemas de Galicia” posto en marcha pola Consellería de Cultura e Educación. A Xunta de Galicia nesta fase inicial do proxecto ponno en marcha en catro concellos de Galicia: Foz, Carballiño, Sansenxo e As Pontes con 1.232 butacas abertas ao audiovisual galego e películas europeas moi premiadas.

No convenio asinado polo concello de As pontes e a Consellería de cultura recóllense dous espazos abertos a este programa, o Auditorio Municipal Cine Alovi e o salón de actos da Casa Dopeso cun total de 612 butacas.

O prezo estipulado das entradas é de 3€ por sesión.

Do catálogo ofrecido polo Agadic seleccionaronse 7 cintas, 6 delas dirixidas a público adulto e unha público infantil.

Ademais, e para complementar esta relación de películas a concellería de cultura pontesa programou outros títulos de actualidade, de xeito que dende o 28 de novembro ata o 30 de decembro durante todas as fines de semana haberá proxeccións cinematográficas.

Estes son os títulos programados de CINEMAS DE GALICIA

Venres 28 novembro, 21.00 h: A GRANDE BELLEZZA (Paolo Sorentino, 2013)

Sábado 6 decembro, 18.00 h: A TROPA DE TRAPO NA SELVA DO ARCO DA VELLA (Alex Colls, 2014)

Sábado 6 decembro, 20.00 h: STOCKHOLM, (Rodrigo Sorogoyen, 2014)

Venres 12 decembro, 21.00 h: ENCALLADOS, (Alfonso Zarauza, 2013)

Sábado 13 decembro, 20.00 h: GUILLAUME E OS RAPACES Á MESA (G. Gallienne, 2013)

Venres 19 decembro, 21.00 h: O OURO DO TEMPO (Xavier Bermúdez , 2013)

Sábado 20 decembro, 20.00 h: IDA (Pawel Pawlikowski, 2013)

Ademais, proxectarase:

Venres 12 e sábado 13 decembro, 18:h: RÍO 2

Venres 19 e sábado 20 decembro, 18h: OPERACIÓN CACAHUETE

Luns 22 e martes 23 decembro, 18h: COMO ENTRENAR A TU DRAGÓN 2

Luns 22 e martes 23 decembro, 20:30h: EL NIÑO

Sábado 27 e martes 30 decembro, 18 h: LAS AVENTURAS DE PEABODY & SHERMAN

Sábado 27 e martes 30 decembro, 20:30 h: EL CORREDOR DEL LABERINTO