Ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes

Queres estudiar Formación Profesional? Dende o 25 de setembro ao 3 de outubro está aberto o prazo en ciclos que teñan prazas vacantes.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.

A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.

Mais info:http://www.edu.xunta.es/fp/ciclos-formativos-liberados-ou-con-prazas-vacantes