Ciclo de cine con valores

O ciclo de cine con valores que o Concello de As Pontes e o Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade ofrece a todos os  nenos e nenas e as súas familias continuará o vindeiro 2 de xaneiro de 2015 cunha dobre proxección:

Happy Feet gañadora dun Oscar a mellor película de animación

Happy Feet Poster.jpg

Na gran nación dos pingüíns emperador, no máis fondo da Antártida, non es ninguén se non sabes cantar, o que representa unha grande desvantaxe para Mumble, que é o peor cantante do mundo. Naceu bailando o seu propio estilo: claqué. Aínda que a nai de Mumble cre que este hábito é estupendo, o seu pai di que “non é propio dos pingüíns”. Ademais, os dous saben que sen unha ‘canción do corazón’ Mumble non atopará xamais o verdadeiro amor. Mumble é demasiado diferente, especialmente para Noah ‘o Vello’, o severo líder da Terra do Emperador, que finalmente acaba por botalo da comunidade. Lonxe do seu fogar por primeira vez, Mumble reúnese cun numeroso grupo de pingüíns totalmente diferentes que se afeccionan inmediatamente aos seus bailes e que o convidan a formar parte do grupo. Mumble emprende así unha viaxe a través de amplas paisaxes e despois dalgúns encontros épicos demostras o importante que é ser fiel a un mesmo.

Azur e Asmar premio Rosa do Deserto no Festival do Sahara 2007.

Azur e Asmar

Había unha vez dous nenos que foron criados pola mesma muller: Azur, de louros cabelos e azulados ollos, era o fillo dun nobre; mentres que Asmar, moreno e de ollos negros, era o propio fillo da ama de crías. Os dous creceron xuntos como se fosen irmáns ata que o destino os separou dun xeito brutal. Azur, esporeado polos contos que a ama de cría lle contaba sobre a lendaria Fada dos Djins, non descansará ata atopala. Adultos ambos, e agora convertidos en rivais, aqueles que foran como irmáns de sangue embarcaranse tras da Fada e á procura de máxicas terras, cheas de riscos e prodixios.

En educación é fundamental que as nenas e nenos perciban as interrrelacións que hai entre as diferentes partes do mundo. A educación para o desenvolvemento é un proceso que fomenta actitudes e valores como a solidaridade mundial, a paz, a tolerancia, a xustiza social e a defensa do medio ambiente. Ademais, trátase de dotar ás nenas e nenos dos coñecementos que lles permitan promover esos valores e xerar cambios nas propias vidas e no seu entorno.

Vémonos nas vacacións de nadal, 2 de xaneiro no auditorio da Casa Dopeso!

Entrada gratuita