Charla Protexe@s na Internet

 O pasado 18 de outubro na Casa Dopeso tivo lugar a charla  para familias Protexeos na  internet impartida polo informático Carlos Barreira. Para os que non poideches vir aquí tedes un resumo do falado.

 

CONSELLOS XERAIS SOBRE INFORMATICA E SEGURIDADE

  1. Instala o ordenador nunha sala común onde poidas ver que fan os teus fill@s con el. Se non podes estar presente mentres navegan, considera seriamente instalar algún programa de vixilancia para saber o que fixeron co ordenador, como Windows Protección Infantil ou o control parental de Mac OS X. Os informes de actividade detallados dos teus fill@s móstranche todos os sitios web que visitan (o intentan visitar) e se un sitio se permitiu o bloqueou.
  2. Non permitas que os teus fill@s utilicen cámara web(webcam) se non estás diante. Ensínalles a facer un uso responsable da mesma. Ten en conta, que nunha videoconferencia a outra persoa pode gravar a conversa.
  3. Establece unas regras consensuadas claras e razoables sobre que usos do ordenador e de internet son aceptables e cales non, por que sitios se pode navegar e cales están prohibidos, etc.
  4. Aprende sobre informática e seguridade máis que eles. Mantente sempre un paso por diante, para que poidas asesoralos, protexelos e… que non cha xoguen!
  5. Familiarízate coas aplicacións e mundos virtuais que visitan os teus fill@s, para advertirlles de posibles riscos como no caso das redes sociais o da mensaxería instantánea.
  6. Cando solicite unha dirección de contacto nas aplicacións nas que se rexistra o teu fill@, establece o teu correo electrónico como dirección secundaria de contacto para estar informado dos mensaxes que lle chegan.
  7. Instala software de control de contidos, o configura o do sistema operativo, se este o incorpora, como no caso de Windows Vista, Windows 7 y Mac OS X Leopard.
  8. Internet é moi beneficioso para o desenrolo intelectual e social dos nen@s, pero como calquera outra actividade (televisión, videoxogos, lectura, etc.) debes limitar o tempo de conexión. E moi recomendable prefixar un horario para o uso del ordenador e da Internet.
  9. Fala con eles sobre o que fan na Internet, que lles gusta máis, comenta a súas experiencias, anímaos a que che consulten con seus problemas o dubidas. Failles comprender que ti es a persoa a quen acudir en caso de que ocorra un incidente, para o cal, obviamente, deberás ganarte a súa confianza.
  10. Conciéncialles minimamente en seguridade. Explícalles que nunca deben revelar información persoal: ni física, como o seu domicilio o teléfono, ni virtual, como contrasinais o nomes de usuario. Revisa periodicamente os seus perfís para asegurarte de que non revelan información persoal excesiva.
  11. Non permitas que os teus fill@s descarguen nada sen o teu consentimento. Coida especialmente a descarga e instalación de software, xa que poderían introducir malware inadvertidamente.
  12. Igualmente, non permitas que suban sen o teu consentimento material multimedia persoal: fotos, vídeos, gravacións en directo coa webcam, etc.
  13. Crea un usuario do sistema operativo para cada membro da familia e nunca xamais outorgues privilexios de administrador os teus fill@s
  14. Utiliza cortafuegos e antivirus. Ten actualizado o teu sistema operativo e as aplicacións que uses. Explícalles la necesidade de dichas ferramentas e como usalas.
     

 

Decálogo redes sociais

    1. Nunca publiques información excesiva sobre a túa vida persoal e familiar. As cousas que non comentarías nun bar ou no traballo para que as escoiten todos, non as publiques na rede social, porque as lerá todo o mundo. Ti tes o control sobre o que publicas e o que non. Exércelo con mesura. As empresas mergúllanse cada vez con mais frecuencia nas redes sociais para obter información sobre os candidat@s ou empregad@s. Non colgues nada do que poidas arrepentirte. Basicamente, a premisa que podes seguir es: se non lle ensinarías a túa nai, non o publiques!

2. Utiliza un Nick o pseudónimo na túa vida na Internet cuxa identidade real só coñezan as persoas máis achegadas a ti. Non permitas que a túa identidade real poida relacionarse coa túa identidade virtual.

3. Cando colgues fotos, vídeos u outros materiais gráficos, respecta a privacidade doutras persoas que poidan aparecer neles. Ao mellor a ti non te importa exhibirte pero a outros si.

4. Le detalladamente as condicións xerais de uso e a política de privacidade da rede social para saber a que aterte: que lles autorizas a facer cos teus datos persoais, que dereitos de propiedade intelectual lles cedes sobre os contidos que publicas, que política de cancelación de contrato existe, etc. Nalgunhas redes sociais, ao publicar una foto, cedes os teus dereitos de propiedade intelectual á empresa, e poden facer o uso que consideren oportuno de dita foto o material gráfico.

5. Configura axeitadamente o nivel de privacidade do teu perfil. Hoxe en día converteuse nunha competición para ver quen ten máis amigos e seguidores nas redes sociais. Non fagas que o teu perfil sexa público. Ábreo soamente aos teus amigos reais de carne e óso.

6. Non aceptes as solicitudes de contacto que te cheguen, salvo que procedan de individuos aos que coñeces previamente en persoa o na Internet. Pensa que cando agregas contactos poderán ver o teu perfil, as túas fotos, enviarche mensaxes, e non sabes quen che está pidindo contacto. O seu obxectivo pode ser inundarche con publicidade hipercontextualizada gracias á extensa información persoal do teu perfil.

7. Nunca publiques datos de contacto físicos como enderezo o teléfono. Esa información só ten sentido para os teus amig@s reais e nunca debería aparecer no teu perfil outra información de contacto que a túa dirección de correo. Lembra que debes desvincular a túa vida real da túa vida virtual.

8. Si utilizas ferramentas de mocroblogging como Twiter, non reveles a túa posición en todo momento porque poderías facer perigar a túa integridade física. Na mesma onda, cando publiques fotos da túa vivenda o lugares onde estás localizable, non as xeolocalices con coordenadas GPS .Lembra ninguén debe poder chegar a túa vida real dende a túa vida virtual.

9. Utiliza contraseñas robustas e nunca as compartas con ninguén

10. Denuncia contido aos usuarios que incumpran as condicións de uso da rede social

11. Bloquea e denuncia a calquera persoa que te envíe mensaxes non desexados o inapropiados.

12.As redes sociais incorporan na súa axuda una sección sobre seguridade. Léea e aplica os consellos específicos para esa rede social.Ten en conta que os teus contactos poden ensinar o teu perfil a terceiras persoas que ti non coñeces, nin deches permiso expreso para que o vexan

 Páxinas interesantes sobre seguridade en Internet

www.protegeles.com

www.internetsegura2010.com

www.protegeatushijos-com

www.gdt.guardicacivil.es