Charla-Coloquio “TODO SOBRE NÓS, PERO SEN NÓS”

O 31 de marzo no salón de actos da Casa Dopeso, ás 20:00 horas,  terá lugar a Charla-Coloquio “TODO SOBRE NÓS, PERO SEN NÓS” sobre o Trastorno Bipolar.

O obxectivo da mesma é desestigmatizar e informar sobre este trastorno en concreto e sobre a saúde mental en xeral.

Respecto do contido a charla versará sobre:

– Experiencia dunha muller diagnostiocada desde hai 20 anos.

– O tratamento da enfermidade mental ao longo da historia.

– Orixes do Trastorno Bipolar.

– Fases, sintomatoloxía, tratamento, terapias.

– Como funciona a sanidade e institucións respecto das enfermidades.

– Recursos.

A charla será impartida por Cristina Prieto Ledo.