Certificación Galega en competencias dixitais

Convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.

OBXECTO: Obter a certificación galega de competencias dixitais, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro, tras a adquisición, mediante un curso de preparación na modalidade de teleformación, das capacidades que constitúen o Plan Formativo Ofimático de Galicia e a súa posterior avaliación a través da correspondente proba presencial. Segunda. Destinatarios Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscripción.

Organización do curso

1. Número de prazas: 180. 2. Duración: 12 semanas (190 horas lectivas). 3. Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT. 4. Datas de realización: do 15 de febreiro ao 26 de maio de 2017.

Contido

1. No curso desenvolveranse os seguintes temas: • Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (30 horas). • Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer (30 horas). • Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 horas). • Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 horas). • Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas).

 

Presentación de solicitudes e prazo

1. As persoas que desexen participar no curso convocado nesta resolución deberán inscribirse a través da internet na páxina web de CeMIT (http://cemit.xunta.gal) 2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico. 3.

O prazo para a inscrición será de cinco (5) días hábiles a partir do seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Ver DOG: competencias dixitais en ofimatica