Centros residenciais docentes curso 2014/2015

ORDE do 6 de xuño de 2014 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2014/15.

As residencias escolares prestan un servizo complementario que contribúe eficazmente ao desenvolvemento educativo, pois facilitan o acceso ao ensino postobrigatorio( FP, BAC e universidade) ao alumnado que debe escolarizarse en localidades distintas ás do seu domicilio habitual, así como a aquel que, por circunstancias excepcionais, deba utilizar o servizo de residencia como medida para asegurar unha adecuada resposta educativa que non pode recibir no centro educativo da súa residencia habitual.

O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:

a) Para os solicitantes matriculados en BAC, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 11 de xullo de 2014.

b) Para os solicitantes matriculados en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 18 de xullo de 2014.


Consulta DOG: AnuncioG0164-090614-0005_gl