Catro novos cursos no mes de Febreiro na Aula CeMIT da Casa Dopeso

Horario da Aula:

Luns a Venres de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 18:30.

Neste horario calquera persoa pode visitar a aula, xa sexa co obxectivo de consultar as súas dúbidas acerca das novas tecnoloxías ó axente TIC (tanto de ordenadores como de móbiles ou tablets), ou para facer uso dos equipos con conexión a Internet dispoñibles na aula.

Curso de “Iniciación á informática: 2ª Parte“:

Inicio: Luns 02/02/2015. Remate: Mércores 11/02/2015.

Horario: De Luns a Venres de 10:30 a 12:30.

Horas: 16.

Pensado para aquelas persoas que xa fixeran na aula a 1ª parte do curso de iniciación, ou para as que tendo unha mínima soltura no control do ordenador, desexan ampliar os seus coñecementos na xestión de arquivos e carpetas, correo electrónico e Internet.

Curso “Mecanografía“:

Inicio: Martes 03/02/2015. Remate: Martes 11/02/2015.

Horario: De Luns a Venres de 16:00 a 17:30.

Horas: 10.

Este curso esta destinado a alumnos que desexan aprender a escribir a máquina ou ós que xa saben e queren mellorar a súa velocidade na escrita.

Curso “Aprende a elaborar as túas presentacións“:

Inicio: Venres 13/02/2015. Remate: Mércores 25/02/2015.

Horario: De Luns a Venres de 10:30 a 12:00.

Horas: 16.

Nesta actividade aprenderemos a facer presentacións de diapositivas. Comezando desde cero, instruirase ó alumnado no uso das diferentes plantillas, na introdución de imaxes e nas diferentes maneiras de darlle formato ás nosas presentacións para obter o acabado desexado polo usuario.

Curso “Uso de ferramentas na nube“:

Inicio: Luns 16/02/2015. Remate: Xoves 26/02/2015.

Horario: De Luns a Venres de 16:00 a 17:30.

Horas: 12.

Co auxe da Internet, cada vez son máis populares as ferramentas aloxadas na “nube”, é dicir, ferramentas que podemos utilizar mediante ó uso da nosa conexión a Internet, sen necesidade de ter nada instalado no noso equipo. Este curso céntrase no uso das ferramentas que nos ofrece Google, as “Google Apps”, que nos ofrece servizos como calendario, almacenamento de arquivos ou editores de texto, todo elo de maneira gratuíta a través da Internet.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega, tendo como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica e empresarial e ca implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse nos cursos ou para solicitar máis información sobre eles poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a cemit.aspontes@xunta.es ou visitar a web https://cemit.xunta.es.

    Tódolos cursos que se celebran na Aula son gratuítos.