Carta aos Reis Magos

Atención nenos e nenas!  Xa chega o Nadal, as vacacións, o turrón, as panxoliñas e, por suposto nós os Reis Magos de Oriente que como cada ano ,na noite do 5 de xaneiro, vimos a As Pontes a traer os xoguetes e regalos para todos vós.

Lembrádevos de escribir a carta coas vosas peticións e depositala no buzón que puxemos na porta do concello. Non vos esquezades de poñer ben clariño o voso nome o e voso enderezo. Todas as vosas cartas terán resposta.

Vémonos na cabalgata do día 5

Unha aperta das súas maxestades os Reis Magos de Oriente: Melchor, Gaspar e Baltasar.