Carreira solidaria ASFEDRO Ferrol 11 de maio

As carreiras dos nenos sairán as 10 horas, e as 11  iniciarase a das categorías absolutas. A inscripción para as últimas é de 5 euros, mentres que a da andaina é de 3. Poden realizarse na web carreirasgalegas.com, que tamén admite donativos a través do chamado dorsal cero.

A asociación ASFEDRO (Asociación Ferrolá de Drogodependencias) é unha entidade sen ánimo de lucro destinada á prestación dunha atención integral e profesional as persoas cun problema de consumo de drogas. A entidade está homologada pola Xunta de Galicia e ten como área de actuación Ferrol e comarca.

Principais obxectivos

  • Impulsar a sensibilización da sociedade e promover a participación
  • Priorizar e potenciar as políticas de prevención
  • Promover o abordaxe integral da problemática das drogodependencias
  • Adecuar a asistencia as novas necesidades e perfis
  • Impulsar la Integración/incorporación social

As débedas asfixian a Asfedro, que leva 28 anos tratando en Ferrol e comarca a toxicómanos e atende a 1.200 usuarios/as.