Carreira da muller A Coruña 22 de setembro

A Concellería de Deportes e o Club de atletismo Olympo de As Pontes chaman á participación na Carreira da Muller que se celebrará na cidade da Coruña o vindeiro 22 de setembro (domingo). Esta cita deportiva loita contra o cancro de mama.

O club de atletismo Olympo organizará adestramentos para todos os niveis para preparar a proba (información no facebook OLYMPO ATLETISMO ou na web www.atletismoolimpo.wordpress.com ) e o concello porá autobuses gratuitos para desprazarse á Coruña.