Campus Científicos de Verán 2015

O Ministerio de Educación convoca 1.920 axudas para participar no ano 2015 no Programa «Campus Científicos de Verán» para alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, que se desenvolverá en varias universidades, entre elas a de Vigo e a de Santiago de Compostela

Os Campus terán lugar do 28 de xuño ao 25 de xullo de 2014, en catro quendas de 7 días de duración cada un, de domingo pola tarde a sábado a mediodía, segundo o seguinte calendario:
– Primeira quenda de estudantes de 1º de Bacharelato: do 28 de xuño ao 4 de xullo.
– Segunda quenda de estudantes de 1º de Bacharelato: do 5 ao 11 de xullo.
– Primeira quenda de estudantes de 4º de ESO: do 12 ao 18 de xullo.
– Segunda quenda de estudantes de 4º de ESO: do 19 ao 25 de xullo.

Desenvolveranse en institutos e/ou departamentos de investigación adscritos aos Campus de Excelencia Internacional (CEI) ou Rexional (CER), nas seguintes universidades:

Universidade Autónoma de Madrid, Universidade Carlos III de Madrid, Universidade de Castela-A Mancha, Universidade de Extremadura, Universidade de Granada, Universidade de Las Palmas de Gran Canaria, Universidade de Huelva, Universidade de Murcia, Universidade de Oviedo, Universidade Politécnica de Cataluña, Universidade Rovira i Virgili, Universidade de Salamanca, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Sevilla, Universidade de Valencia e Universidade de Vigo.

Requisitos:
Ter nacido con posterioridade ao 31 de decembro de 1997.
Alumnos que no curso 2014-2015 estean a cursar cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria ou primeiro curso de Bacharelato da especialidade de Ciencias e Tecnoloxía en centros docentes españois.
Ter unha nota media no curso escolar 2014-2015 igual ou superior a 7,50 puntos.

As solicitudes deberanse cumprir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da dirección electrónica www.campuscientificos.es

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 20 de marzo de 2015.
Máis información no BOE do 25 de febreiro de 2015 e en www.campuscientificos.es

CAMPUSCIENTIFICOS