Campos de traballo en Islandia

O vindeiro luns ábrese o prazo para que os mozos e mozas interesados podan solicitar a súa praza en distintos campos de traballo en Islandia que terán lugar no que resta de ano. Ofértanse un total de 36 prazas en 18 campos de traballo.

Os participantes terán a oportunidade única de interactuar e coñecer a cultura islandesa ademais de traballar con outros voluntarios internacionais. A temáticas máis recorridas como a protección medioambiental e actuacións na natureza se unen outras como as actividades relacionadas co periodismo e a fotografía en Reykjavik, ou a celebración do Nadal e Aninovo con mozos e mozas doutros países e culturas tratando de promover a paz e amizade a través do intercambio e a aprendizaxe intercultural.

islandia