Campaña Mundial por la educación

Campaña Mundial pola Educación organiza o Seminario Internacional polo Dereito á Educación “A educación cambia o mundo. A participación cidadá na Axenda post-2015” que terá lugar os vindeiros días 21 e 22 de abril de 16:00 a 20:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación do Campus Vida (Campus Sur) de Santiago de Compostela.

Programa:
21 de abril, martes
16:00. Viaxe no tempo como punto de inicio
16:20–17:20. Relatorio Marco sobre a Educación para Todos e Todas (EPT). Poñente: o Catedrático de Pedagoxía Social José Antonio Caride Gómez, USC
17:30 – 19:15. Experiencias sobre a capacidade transformadora da educación en Galicia. Que estamos a facer dentro dos nosos espazos de traballo e de activismo social?
Primeiro itinerario: Experiencias de ensinanza aprendizaxe para transformar o mundo. A Campaña Mundial pola Educación. Historias de alumnado e profesorado.
Segundo itinerario: Educar en igualdade dentro e fóra da aula: o enfoque de xénero nas prácticas educativas. Coa educadora popular Paz Caínzos e Fiadeiras
19:20 – 20:30. Mesa Redonda. A educación dende as diversidades: o reto da EPT. Cantas diversidades existen no mundo? E en Galicia?