Campaña LIBRE: cursos de condución segura

Cartel_LIBRE_con_DLA Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia convoca cursos de formación en condución segura co obxectivo de achegar á mocidade actitudes seguras no uso do vehículo baseada no coñecemento dos factores de risco, dos sistemas de seguridade do automóbil e da técnica de condución.

Destinatarios:

Mozos e mozas entre 18 a 30 anos, imprescindible que saiban conducir.

Non é preciso que sexan titulares de permiso, xa que, a escola dispón de homologación da DGT.

Lugar de realización:

Os cursos impartiranse nas instalacións da Escola Galega de Condutores San Martín SL

Plataforma de Estacionamento nº 2

Polígono Industrial de Teixeiro

15310 Teixeiro – Curtis (A Coruña).

Datas de realización:

  • 23, 24, 25 e 30 de setembro de 2016
  • 1 e 2 de outubro de 2016

Inscricións:

Número de prazas máximo de 15 por día.

Número de prazas mínimo por día: 8

A inscrición será mediante envío de correo electrónico a partir do 16 de setembro de 2016.

Selección:

A selección dos/as participantes realizarase por rigoroso orde de inscrición ata cubrir a totalidade de prazas por día.

A confirmación da obtención de praza realizarase por correo electrónico. No caso de que o/a solicitante non reciba un correo de confirmación de praza con anterioridade das 13:00 horas do día anterior de data solicitada para a realización do curso, considerase que non obtivo praza.

Programa, normas e horario de desenvolvemento da actividade:

O curso desenvolve unha parte teórica de clases teóricas e técnicas de condución e aula virtual para a concienciación e socialización e clases prácticas con manexo de vehículo tipo turismo.

Horario:

08:55 h Recepción de participantes e entrega de documentación.

09.00 h Clase práctica: simulador de superficies esvaradías.

10.00 h Clase teórica.

12.00 h Clase práctica: Freada con ABS.

12:45 h Clase práctica: Freada con avaría.

13:30 h Clase práctica: Slálom.

14:30 h Clase práctica: Círculo de Kann.

15:30 h Aula técnica

15:45 h Fin da xornada

Ao comezo da actividade os monitores/formadores solicitarán, a cada participante, o DNI ou documento acreditativo semellante.

Cobertura

O curso é gratuíto.

O transporte ata o lugar de realización do curso e a manutención correrá a cargo do/a participante.

Recomendación

Levar calzado axeitado e roupa de abrigo.

Para máis información:

subactividades-xuventude.ctb@xunta.gal

Teléfonos : 981 545822, 981545937

FORMULARIO DE INSCRICIÓN (Dispoñible proximamente)