Campamentos urbanos de verán 2017

Campamentos urbanos de verán 2017 – Vive As Pontes

OBXECTIVO.

Estes Campamentos Urbanos teñen coma obxectivo promover a conciliación laboral, familiar e persoal das mulleres.

QUE SE OFRECE.

  1. Recepción dos nenos e nenas ás 8:00 no CEIP A Magdalena cando as nais xustifiquen a necesidade.
  2. Servizo de autobús para recoller os/as nenos/as e levalos para a casa, na opción de horario de conciliación (de 8:00 a 14:30).
  3. Almorzos de 9:00 a 10:00 no CEIP A Magdalena..
  4. As persoas que apunten aos seus fillos na opción B, deberán achegalos ao CEIP A Magdalena, ás 10 da mañá.

DESTINATARIOS.

Nenos e nenas nados entre o 2005 e 2013.

Nº DE PRAZAS: 65 prazas e 5 para nenos e nenas con necesidades educativas especiais.

DATA E LUGAR DE INSCRICIÓN.

Do 8 ao 19 de xuño no Departamento de Servizos Sociais do Concello, sito na Casa Dopeso 2º Andar, en horario de luns a venres de 8:30 a 14:00.

Tamén se poderán enviar as inscricións por correo electrónico: servizos.sociais@aspontes.org

CRITERIOS DE ADMISIÓN: Terán preferencia:

  • Pais e nais que xustifiquen documentalmente que están traballando os dous e non en período de vacacións.
  • No caso de familias monoparentais que a persoa encargada dos/as fillos/as estea traballando ou facendo un curso de formación (Consulta das bases no taboleiro do Concello).

HORARIOS.

  • OPCIÓN A: De 8:00 a 14:30 horas (inclúe servizo de transporte)
  • OPCIÓN B: De 10:00 a 14:30 horas.

COTA DE INSCRICIÓN.

  • 10 €/mes por inscrición, nos meses de xuño e setembro.
  • 40 €/mes por inscrición, nos meses de xullo e agosto.

INFORMACIÓN.

Centro de Información á Muller de luns a venres de 8:00 a 14:30. Telf: 981.44.10.08/667.12.93.34/667.12.93.36.