Campamentos urbanos de Nadal 2016-2017

OBXECTIVO.

Esta actividade ten coma obxectivo a promoción social e laboral das mulleres.

QUE SE OFRECE.

Actividades educativas, de lecer e deportivas que terán lugar no CEIP A Fraga sito na Avda. Da Habana s/n.

DESTINATARIOS.

Nenos e nenas nados entre o 2.005 e 2.013.

Nº DE PRAZAS: 50 prazas.

DATA E LUGAR DE INSCRICIÓN.

Do 9 ao 19 de decembro de 2.016 no Departamento de Servizos Sociais, no 2º Andar da Casa Dopeso, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00.

Pode enviarse a inscrición e a documentación á seguinte dirección: servizos.sociais@aspontes.org

CRITERIOS DE ADMISIÓN: Terán preferencia:

– Pais e nais que xustifiquen documentalmente que están traballando os dous e non en período de vacacións.

– No caso de familias monoparentais, a persoa encargada dos/as fillos/as debe xustificar que está traballando ou ben facendo un curso de formación.

– Pais e nais para situación de respiro familiar.

HORARIOS.

De 9:00 a 14:00 horas os días 22, 23, 26, 27, 28, 29, e 30 de decembro de 2.016 e 2, 3, 4, 5 de xaneiro de 2.017.

COTA DE INSCRICIÓN.

40 € por cada fillo/a.

INFORMACIÓN.

Centro de Información á Muller de luns a venres de 8:00 a 15:00. Telf: 981.44.10.08/667129334

BOLETÍN DE INSCRICIÓN: Descargar