Campamentos deportivos da Deputación

O Concello de As Pontes participa na campaña da Deputación da Coruña Campamentos Deportivos 2014.

AMPLO PROGRAMA DE ACTIVIDADES: deportes acuáticos, equitación, paseos a cabalo, mjultiaventura, kaiaks, orientación, piragüismo, paseos en barco.

-Pasar una noite en tenda de campaña

-Ademais, deportes como tenis, voleibol praia, fútbol 7, baloncesto, voleibol, batuca, capoeira, hip-hop.

Como novidade: INGLÉS para actividades.

VELADAS NOCTURNAS: realizaranse actividades e xogos que teñan elementos que fomenten a comunicación, o intercambio de experiencias, a convivencia e o respecto polos demais.

ACTIVIDADES CULTURAIS: visita a centros de interese cultural da comarca e na cidade da Coruña

LUGAR: A Coruña

ALOXAMENTO: Colexio Calvo Sotelo da Coruña

DURACIÓN: de domingo a sábado

QUENDA:

2ª quenda, do 6 ao 12 de xullo

PRAZAS: 6

INCORPORACIÓN: domingo pola tarde no Colexio Calvo Sotelo

REGRESO: o sábado seguinte despois do almorzo e xornada de clausura

DESTINATARIOS: rapaces/as nados nos anos 2004, 2003, 2002, 2001 e 2000

COTA DE INSCRICIÓN: 85 €

INCLÚE: transporte interno, estadía e manutención en residencia e todo o gasto que ocasionen as actividades programadas.

A incorporación ó campamento deportivo realizarase o domingo despois de xantar e o regreso, o sábado despois do almorzo.

INFORMACIÓN:

DEPARTAMENTO DE DEPORTES DO CONCELLO DE AS PONTES

Pavillón Polideportivo Municipal.

Telf. 981 452602 / 634 671 968

INSCRICIÓN:

NO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL CON DATA LÍMITE 19 DE MAIO