Campamentos deportivos da Deputación da Coruña

Trescentos sesenta rapaces e rapazas dos 93 concellos da provincia da Coruña participarán este verán en Culleredo nos campamentos deportivos da Deputación.

Os campamentos están destinados a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos de idade e desenvolveranse no Centro Residencial Docente de Culleredo (antiga Universidade Laboral) en dúas quendas, do 19 ao 25 de agosto e do 26 de agosto ao 1 de setembro. O prezo do campamento é de 85 euros, que inclúe transporte, estadía e manutención. O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 17 de xuño nos concellos.

Durante a súa estadía, os rapaces contarán cun amplo programa de activades que inclúe dende a práctica da equitación, a natación, o tenis, o sendeirismo ou deportes náuticos ata xornadas de praia, obradoiros, actividades e visitas culturais á Torre de Hércules, o castelo de San Antón, a Casa das Ciencias, o Aquiarium Finisterrae, o xardín de San Carlos ou o mosteiro de Caaveiro, nas Fragas do Eume.

O programa cultural complétase con veladas nocturnas nas que os nenos desenvolverán actividades e xogos que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias.

En cada quenda participarán un total de 180 rapaces, que estarán supervisados en todo momento por 18 monitores titulados e o un director de campamento.

INFORMACIÓN XERAL

 

LUGAR: Centro Residencial Docente da Coruña (Con- cello de Culleredo).

ALOXAMENTO: Centro Residencial Docente da Coruña (rúa Salvador Allende, 13).

DURACIÓN: Dende o sábado (chegada para cear), ata o venres seguinte (saída tralo almorzo).

QUENDAS:

1ª QUENDA: do 19 ao 25 de agosto.

2ª QUENDA: do 26 de agosto ao 1 de setembro.

INCORPORACIÓN: o sábado pola tarde, entre as 18:00 horas e as 19:00 horas, no Centro Residen cial Docente da Coruña (rúa Salvador Allende, 13  Concello de Culleredo)

REGRESO: o venres seguinte, despois da xornada de clausura

DESTINATARIOS: rapaces/zas de entre 9 a 14 anos, ámbalas dúas idades comprendidas, cumpridas no presente ano 2017

COTA DE INSCRICIÓN: 85,00 € (oitenta e cinco euros), que se ingresarán, unha vez o/a interesado/a obteña praza, na conta determinada pola Deputación da Coruña, facendo constar “Campamento Deportivo Deputación da Coruña 2017”, ademáis do nome do/a participante inscrito e concello ó que pertence.

O número de conta será publicado na web da Deputación da Coruña.

INCLÚE: transporte interno, estadía e manutención en residencia, e todo gasto que ocasionen as actividades programadas

EQUIPO RECOMENDADO

  • Roupa de rúa (pantalóns, camisas).
  • E quipamento deportivo (suadoiro, pantalóns curtos, camisetas deportivas, calcetíns, zapatillas de deportes, chanclas para a ducha, traxe de baño, útiles de praia e piscina).
  • Toallas de aseo.
  • Útiles de aseo (xabón, peite, cepillo e pasta de dentes, colonia e/ou desodorizante).
  • Saco de durmir e lanterna.
  • Gafas para o sol.
  • Crema protectora para o sol, factor alto.
  • Chuvasqueiro.
  • Mochila pequena.

MATERIAL

O material propio das actividades deportivas (raquetas de tenis, balóns e chalecos salvavidas) entregaráselle a cada participante durante a celebración do campamento.

DATAS Aos nenos e nenas de As Pontes correspóndelles a 1ª quenda: do 19 ao 25 de agosto.

INSCRICIÓNS

No teu concello, antes do 17 de xuño de 2017 (Polideportivo A Fraga) Pepe

(Realizarase o sorteo no caso de ser preciso, nos dous días seguintes á finalización do prazo de inscrición).

Remitirase a listaxe por parte dos concellos á Deputación vía correo electrónico a gabinete.deportes@ dacoruna.gal, e tamén por Rexitro Xeral.