Campamentos de Verán

No Diario Oficial de Galicia do 7 de marzo vense de publicar a oferta de campamentos de verán para o ano 2011, para rapaces e rapazas entre 9 e 18 anos de idadeA Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, leva a cabo a promoción e organización de actividades cun claro compoñente de educación non formal destinadas á mocidade no ámbito do lecer e o tempo libre. 

A través da oferta da dita campaña ofrécese a posibilidade de que a xuventude empregue o seu tempo libre vacacional participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan non só para divertirse senón tamén para o 

enriquecemento persoal e vital, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional a través das actividades que teñan lugar noutras comunidades autónomas de España. 

Participantes 

Poderán solicitar a súa participación aqueles rapaces ou rapazas nacidos entre o ano 1993 (non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento) e o 2002 ( deberán ter cumpridos 9 anos o inicio do campamento) 

 

Prazo de Solicitude 

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ao día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de marzo de 2011. 

Para mais información: Diario Oficial de Galicia Luns 7 de marzo de 2011 

COMPARTIR
Artigo anterior8 de marzo: Día da Muller
Seguinte artigoDía do pai