Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

Ábrese o prazo para solicitar os campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

Requisitos
Ter recoñecida unha discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%.
Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos. Ter cumprida a idade mínima establecida ao inicio da quenda e non superar a máxima á súa finalización.
Estar empadroados nalgún concello de Galicia.
Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que solicita.

Servizos ofertados
Aloxamento en albergue,residencia ou apartamento, segundo o destino solicitado.
Manutención en réxime de pensión completa.
Programa de actividades de animación sociocultural.
Material necesario para a actividade.
Equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural, actividades de tempo libre e náuticas.
Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

Campamentos:

2016campamentosdiscapacidades

Modelo de solicitude e de informe médico
solicitude e o informe médico formalizarase nos impresos oficiais e terán que estar asinados polos pais/nais ou titores das persoas con discapacidade e polo persoal médico, segundo corresponda.
Estes impresos están á disposición das persoas interesadas na páxina web :
http://benestar.xunta.es/web/portal/campamentos-veran

Prazo e lugares de presentación de solicitudes
Ata o día 30 de abril.
As solicitudes, acompañadas da documentación requirida, presentaranse por calquera dos medios establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e dirixiranse á:

Consellería de Política Social.
Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade
Edificio administrativo San Caetano, s/n.
15781 Santiago de Compostela.

Custo da praza e bonificación
As persoas participantes deberán ingresar a cantidade establecida, nos termos que se lle indiquen ao notificarlle a concesión da praza.
Ese importe pódese reducir nun 50% se a persoa ten o título de familia numerosa e nun 25 % se ten o carné xove. Estes descontos non serán acumulables en ningún caso.
No caso de acollerse a algunha destas dúas condicións terase que acompañar coa solicitude o documento acreditativo (fotocopia do título de familia numerosa ou do carné xove, segundo proceda).

Información:
Para información xeral pódense dirixir a:
o número 900 333 666 do Teléfono Social de forma gratuíta.
os servizos de Dependencia e Autonomía Persoal das xefaturas territoriais situados en:

A Coruña
Rúa Concepción Arenal, nº 7-9 – 15006 A Coruña.
Teléfono 881 881 528.

Lugo
Rúa Serra de Ancares, nº 68 baixo – 27003.Lugo.
Teléfono 982 889 132.

Ourense
Rúa Sáenz Díez, nº 33 – 32003 Ourense.
Teléfono 988 386 178.

Vigo
Rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar – 36201 Vigo.
Teléfono 986 817 217.

Os servizos de Xuventude e Voluntariado das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.
Os servizos sociais comunitarios dos concellos.
Os servizos sociais dos centros sanitarios.
Para información sobre a xestión do programa, remisión de documentación, valoración de solicitudes e adxudicación de prazas ao Servizo de Prevención da Dependencia, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, teléfonos: 981 547 437, 981 544 640, autonomiapersoal.sxps@xunta.es
Para información sobre as instalacións nas que se desenvolve o programa pode consultar a páxina web:
http://benestar.xunta.es/web/portal/campamentos-veran ou dirixirse directamente ás propias instalacións.