Campamentos de verán da Xunta para persoas con discapacidade

A Secretaría Xeral de Política Social da Consellería de Traballo e Benestar convoca campamentos de verán para persoas con discapacidade para o verán de 2012.

Poderán solicitalos todas aquelas persoas que:
Teñan unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
Teñan unha idade comprendida entre os 9 e os 40 anos, segundo se indica en cada unha das quendas
Vivan habitualmente no seu domicilio
Non presenten trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade
Presenten unhas capacidades que sexan compatibles coas actividades que se van desenvolver e coas características da instalación.

Prazo:
Ata o 31 de maio, incluído, para as prazas de integración.
Ata o 15 de xuño, incluído, para as prazas específicas.

Máis información en http://benestar.xunta.es/web/portal/campamentosveran e no Servizo de Programas de Promoción da Autonomía Persoal, Tfno.: 981 540 137

Folleto_Campamentos_de_veran