Campamentos de verán da Xunta para persoas con discapacidade

  • A Dirección Xeral  de Xuventude e Voluntariado programa para 2014 a Campaña de Verán dirixida a xuventude para a realización de actividades de lecer e tempo libre, cuxa convocatoria se regula no DOGA do 26 de marzo. Dentro desta convocatoria resérvase un considerable número de prazas para persoas con discapacidade e como novidade ofértaselles a posibilidade de participar en dúas modalidade:
    • Oferta xeral en todos os destinos nas mesmas condicións co resto dos destinatarios
    • Oferta reservada de prazas de inclusión en determinados destinos nos que, polo menos, se reservan 4 prazas destas características en cada un.

    Ambas opcións  son excluíntes e a adxudicación das prazas farase mediante sorteos diferentes ( un para cada modalidade).
    A orde que regula esta modalidade e máis o folleto informativo pódese consultar en:

    http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html
    En datas próximas a Secretaria Xeral de Politica Social convocará as prazas de Campamentos específicos para persoas con discapacidade, con idades comprendidas entre os 11 e os 40 anos, e sobre os que poderá consultar próximamente a información en:
    http://benestar.xunta.es/web/portal/campamentos-veran