Campamentos de verán da Xunta

A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado… que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital.

A Consellería de Política Social pretende facer realidade este obxectivo a través da Campaña de Verán 2020.

As circunstancias actuais derivadas da crise sanitaria do Covid 19 e logo de superar a etapa de confinamento, fan máis necesario que nunca poder ofertar un recurso de conciliación para as familias galegas e de educación non formal para o tempo de lecer dos nosos mozos e mozas  que lles permita beneficiarse, coas máximas garantías de prevención e hixiene, dun espazo de ocio educativo. Así, a oferta comprenderá actividades para desenvolver en Galicia, coas adaptacións necesarias en canto a limitacións de aforo máximo nas instalacións xuvenís ofertadas, reforzo das medidas hixiénico sanitarias e incremento das rateos monitor/participante para unha prestación do servizo máis eficiente e con todas as garantías.

A Campaña de Verán está composta por diferentes áreas de participación, que se desenvolven nos meses de xullo, agosto e setembro, en Galicia.

ÁREAS DE PARTICIPACIÓN

CAMPAMENTOS

A de 2020 será unha edición atípica da Campaña de Verán da Xunta de Galicia, derivada da situación de crise sanitaria provocada pola Covid-19.

As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas de entre sete e dez días de duración durante os meses de xullo,  agosto e setembro.
Podes escoller o campamento que queiras en función da túa idade e das actividades que se leven a cabo nel: actividades de diversa temática en función do campamento (náutica, deportiva, ambiental, artística, patrimonial vinculada ao o Camiño de Santiago, científica, agrícola…) Só tes que animarte a participar!

Descarga toda a información dos campamentos