Campamentos de nadal Concello de As Pontes

Inscrición e información dos campamentos de Nadal organizados polo Centro de Información á Muller

OBXECTIVO

Esta actividade ten coma obxectivo a promoción social e laboral das mulleres.

QUE SE OFRECE

Actividades educativas, de lecer e deportivas que terán lugar no Colexio Monte Caxado, sito na Rúa Monte Caxado, s/n.

DESTINATARIOS

Nenos e nenas nados entre o 2004 e 2012.

Nº DE PRAZAS: 50 prazas.

DATA E LUGAR DE INSCRICIÓN.

Do 3 ao 17 de decembro de 2015 no Departamento de Servizos Sociais, no 2º Andar da Casa Dopeso, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00. Pode enviarse a inscrición e a documentación á seguinte dirección: servizos.sociais@aspontes.org

CRITERIOS DE ADMISIÓN: Terán preferencia:

Pais e nais que xustifiquen documentalmente que están traballando os dous e non en período de vacacións.

No caso de familias monoparentais, a persoa encargada dos/as fillos/as debe xustificar que está traballando ou ben facendo un curso de formación.

Pais e nais para situación de respiro familiar.

HORARIOS.

De 9:00 a 14:00 horas os días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro de 2015 e 4 e 5 de xaneiro de 2016.

COTA DE INSCRICIÓN.

40 € por cada fillo/a.

INFORMACIÓN.

Centro de Información á Muller de luns a venres de 8:00 a 15:00. Telf: 981.44.10.08/667129334

DESCARGA A FOLLA DE INSCRIPCION:INSCRICION-CAMPAMENTOS-NADAL-2015-2016