Camiño á escola

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de As Pontes, co motivo da celebración o vindeiro 30 de xaneiro do Día da Paz na escola ten previsto proxectar a película Camiño á escola de Pascal Plisson. O día 28 de xaneiro faremos dous pases para o publico escolar e o venres 29 haberá un pase aberto ao público en xeral (gratuito 20:30 Cine Alovi (é unha película apta para todos os públicos).

E un documental que narra a historia real e extraordinaria de catro nenos, héroes cotiáns –Jackson, Carlitos, Zahira e Samuel- que deben enfrontarse diariamente cunha multitude de adversidades e perigros para chegar á escola. Estos nenos viven en catro puntos moi distantes da terra, pero comparten as mesmas gañas de aprender e son conscientes de que so a educación lles abrirá as portas a un porvir mellor. Camiño á escola” é unha película que rebosa optimismo e esperanza nun futuro, onde para Jackson, Carlitos, Zahira e Samuel todo é posible con coraxe, predeterminación e esforzo.


Camiño á escola nace dun encontro inesperado que me conmoveu profundamente. Un día, mentres eu estaba no Lago Salado de Magadi, (Kenia), por necesidades dunha película, vi a tres rapaces que levaban unha bolsa estraña no cinto. Cando lles preguntei qué era, un deles se adiantouse e con moito orgullo sacou unha flamante pluma, lousa e un xiz. Moi canso, díxome que estaba de camiño á escola. Había duas horas que deixara o pobo e corría cara á escola baixo o sofocante calor. Teño viaxado moito e coñecín moitos nenos arredor do mundo; preto da estrada, na sabana, na xungla, pero ata ese día, nunca fora consciente das proezas que estes nenos deben realizar para ter acceso a unha educación” Pascal Plisson, director de “Camiño á escola”

UNICEF Comité Español considera que “Camiño á escola” representa unha magnífica oportunidade de comunicar a importancia que ten o dereito á educación e cómo deben ser apoiadas todas aquelas iniciativas que contribuen día tras día a seu cumprimento e por elo se suma ao esforzo de facer chegar a mensaxe do documental o máis lonxe posible.

“Camiño á escola” é unha ferramenta pedagóxica orientada as escolas e, máis concretamente, ao alumnado de entre 6 e 16 anos. O obxectivo do proxecto educativo consiste en xerar debate sobre cuestións que a película aborda como o descubrimento de novas culturas, a importancia da educación, a solidaridade o a discriminación entres sexos.

Se queredes mais información sobre a película visitade a páxina www.caminoalaescuela.com