Calendario específico de admisión en FP Dual 2019/2020

A Consellería de Educación publicou o calendario de admisión en FP para o curso 19/20, para todas as modalidades e réximes.

Aínda que a solicitude de admisión en FP dual ten os mesmos prazos de solicitude  que o resto de modalidades e réximes, do 24 de xuño ó 2 de xullo, establécese un calendario específico que comprende dúas fases:
1ª) Fase de recollida de documentación e verificación dos requisitos, que se realizará polo centro educativo, o cal publicará a relación persoas solicitantes e procederá ao envío da listaxe á entidade colaboradora.
2ª) Fase de selección das persoas admitidas, que será realizada pola entidade colaboradora.