Calendario escolar 2016/2017 en Galicia

Publícase a Orde do 7 de xuño de 2016 pola que se aproba o calendario escolar en Galicia para o curso 2016/2017 nos centros sostidos con fondos públicos. O Calendario abrangue 175 días lectivos.

COMEZO E REMATE DO CURSO:
  • No 2ª ciclo de Educación Infantil, Educación Especial e Educación Primaria: Do 12 de setembro ao 23 de xuño, ambos incluídos.
  • En Educación Secundaria e Formación Profesional: Do 15 de setembro ao 23 de xuño, ambos incluídos.
  • En Ensinanzas de Réxime Especial: Do 15 de setembro ao 30 de xuño.

COMEDORES ESCOLARES. Os comedores escolares funcionarán en:
  • Educación primaria desde o día 12 de setembro ata o 23 de xuño.
  • Educación secundaria obrigatoria, desde o día 15 de setembro ata o 23 de xuño.
PERÍODOS DE VACACIÓNS:
  • Nadal: desde o día 22 de decembro ata o día 6 de xaneiro.
  • Entroido: días 27, 28 de febreiro e 1 de marzo.
  • Semana Santa: desde o día 10 ao 17 de abril.
DÍAS NON LECTIVOS:
  • Día do Ensino: 31 de Outubro de 2016.
  • Festivos locais, da Comunidade ou de ámbito estatal.
  • Un día ou dous días non lectivos propios do centro no caso de que os festivos locais non coincidan con días de clase.

PERÍODO DE ADAPTACIÓN DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL:
O período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro terá a mínima duración posible que permita acadar os seus obxectivos e, en todo caso, non se poderá prolongar máis de 10 días lectivos desde a data de inicio das clases.

CONMEMORACIÓNS: Durante o curso escolar celebraranse, como mínimo, as seguintes conmemoracións:
  • 20 de novembro de 2016: Día Universal da Infancia.
  • 25 de novembro de 2016: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
  • Do 1 ao 11 de decembro de 2016: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.
  • 10 de decembro de 2016: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
  • 30 de xaneiro de 2017: Día Escolar da non Violencia e da Paz.
  • 8 de marzo de 2017: Día Internacional da Muller.
  • 15 de marzo de 2017: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
  • Do 6 ao 10 de marzo de 2017: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.
  • 7 de abril de 2017: Día Mundial da Saúde.
  • Entre o 17 e o 21 de abril de 2017: Semana do Libro.
  • 9 de maio de 2017: Día de Europa.
  • Do 9 ao 17 de maio de 2017: Semana das Letras Galegas.
  • 5 de xuño de 2017: Día Mundial do Medio Ambiente.
  • Actividades específicas de diversidade afectivo – sexual próximas ás datas de celebracións internacionais.