Café con libros

 

­ O programa café con libros volve a As Pontes

 

O programa café con libros, auspiciado pola biblioteca municipal Enrique Rivera Rouco, mediante a concellería de Cultura, regresará o luns ás cafeterías pontesas e, neste caso, a bibliotecaria Anabel Alonso levará as últimas novidades dos fondos municipais á cafetería a Fervenza.

Alí, dende as 11 da mañá, poderemos coñecer non só as mellores recomendacións que nos pode ofrecer Anabel ALonso, senón tamén outro tipo de fondos que podemos atopar na biblioteca municipal vencellados con temáticas coma a historia, o patrimonio local, o mundo da cociña ou das viaxes e incluso outro tipo de material como películas, documentais ou cds de música.

Libros para todo tipo de idades, con grandes best sellers ou con clásicos de toda a vida atópanse entre os andeis da biblioteca enrique Rivera Rouco e, Café con libros é unha gran oportunidade para facelos chegar ao público de a pé. O luns teremos unha nova ocasión para desfrutar deste programa con tan só achegarnos ata a Fervenza e compartir o café da mañá cunha boa lectura.