CABALGATA DE ENTROIDO 2013

“O luns 4 de febreiro ábrese o prazo de inscrición”
INSCRICIÓNS: No departamento de Cultura (1º planta Casa Dopeso) todos os días laborais dende o luns 4 de febreiro de 10 a 13.30 h ata o martes de entroido ás 13 horas. Deberán realizar a solicitude de inscrición no que se nomeara un representante para actuar no seu nome ou en nome do grupo e perante as reclamacións de terceiros. Na inscrición cubriranse os seguintes datos: nome, apelidos e DNI do representante, teléfono e enderezo de contacto, nome e descrición do disfraz e número de participantes.

SAÍDA: Rúa Monte Caxado ás 17:00 horas do martes 21 de febreiro de 2012

PERCORRIDO: Avda. de Ortigueira, Avda. de Castelao, Praza do Hospital, Avda. de Galicia, Alexandre Bóveda cruzando a Avda. da Coruña ata a Rúa Alexandre Bóveda, e Patio do Colexio Sta. María.

CATEGORÍAS E PREMIOS:

ADULTOS:

GRUPOS*: 1º Premio: 400 € · 2º Premio: 250 € · 3º Premio: 150 € · Accésit: 50 €

PARELLAS: 1º Premio: 200 € · 2º Premio: 100 € · 3º Premio: 75 €

INDIVIDUAL: 1º Premio: 200 € · 2º Premio: 100 € · 3º Premio: 75 €
* Os grupos de adultos deberán estar compostos por un mínimo de 5 participantes; o 75% deberá ser maior de 16 anos
INFANTIL: GRUPOS: 150 € PARELLAS · 75 € · INDIVIDUAL: 50 € (5 premios do mesmo valor)

MENIÑOS (ata 8 anos) : un conto

O prazo para as inscricións remata o martes 12 ás 13:00 h