Borrador Horarios Curso 20/21

Como xa fixemos os cursos anteriores publicamos un borrador dos horarios de clases colectivas do Conservatorio Profesional de Música das Pontes para que podades planificar outras actividades para o curso que ven.

Se detectades algún problema, como por exemplo coincidencia con clases do colexio ou instituto e similares, tedes de prazo ata o 1 de xuño para comunicárnolo vía correo electrónico para que podamos facer as modificacións necesarias.

Lembrade, sobre todo os alumnos e alumnas que pasan a grao profesional, as novas materias que teredes que cursar, como banda – os de vento -, orquestra – os de corda – e coro – pianistas e guitarristas – e que a maiores haberá que incluír nos horarios individuais as clases de instrumento, conxunto, optativas, música de cámara, etc.

Tamén compre lembrar que toda esta previsión pode verse modificada se a crise sanitaria continúa o vindeiro curso e estaremos atentos ás instrucións que nos cheguen dende a Consellería de Educación, das que vos informaremos puntualmente.

Horarios Curso 20/21