Bolsas para colaboradores nas residencias xuvenís

Requisitos das persoas solicitantes:

a) Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.

b) Ter unha idade mínima de 18 anos e menos de 30 na data do 31 de decembro do ano en curso.

c) Estar cursando estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclo formativo de grao superior, que admitan polo seu contido e saídas profesionais, a formación e a práctica a través de calquera das tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil.

d) Non ter perdido con anterioridade a condición de colaborador/a por causa imputable á persoa solicitante.

e) Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade no centro.

f) Ter unha renda media familiar que non supere o 150% do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) do ano en curso. A dita renda media calcúlase segundo o establecido no artigo 9.1 b).

Toda a info: Orde que determina as bases reguladoras e se convocan prazas de persoas colaboradoras bolseiras para as residencias xuvenís dependentes da Conselleria de Política Social para o curso 2017/2018 (DOG nº 132, do 12 de xullo de 2017)