Bolsas de formación

Bolsas de formación de persoal experto en cooperación internacional

A Dirección Xeral de Relacións Exteriores convoca oito bolsas para a formación de expertos/as en cooperación internacional para o desenvolvemento.
Os destinos das bolsas serán en Santiago de Compostela, na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea ou no exterior, nas oficinas técnicas de cooperación da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento e en organizacións internacionais multilaterais.

Requisitos das persoas solicitantes:
a) Ter veciñanza administrativa en Galicia.
b) Ter nado o 1 de xaneiro de 1984 ou con posterioridade a esa data.
c) Estar en posesión dun título universitario de licenciado/a, diplomado/a, grao ou equivalente.
d) Non ser ou ter sido beneficiaria dunha bolsa de formación no eido da cooperación para o desenvolvemento da Xunta de Galicia.
e) Non manter relación laboral vixente co organismo que promove a bolsa nin coas entidades colaboradoras.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 6 de xuño de 2015.
Os trámites poden facerse en http://sede.xunta.es co procedemento PR809A
Máis información no DOG do 6 de maio de 2015 e en www.cooperaciongalega.org