Boas prácticas nun centro da comarca

No colexio público San Xoán de Filgueira, en Ferrol,non hai libros de texto para o curso 2015/2016. Os profesores elaboran o material didáctico e non hai libros de texto convencionais.

Esta iniciativa da comunidade educativa deste centro público de infantil e primaria ven a dar resposta ao problema que supón o gasto que as familias teñen que afrontar todos os meses de setmbro. Mariam Romalde,  directora do centro, explicou que non tiñan libros adaptados a LOMCE para todos e que os nenos e nenas de 3º de primaria non tiñan dereito ao cheque da xunta polo que decidiron facer unha cooperativa de familias naque cada familia aporta 50€ ao ano e os profesores elaboran todo o material didáctico.

Os profesores amósanse moi satisfeitos xa que teñen a experiencia anterior nos cursos de educación infantil e que, ainda que lles da moito traballo afirman que os resultados dos alumnos son mellores.

Pola súa parte as familias estan moi satisfeitas xa que todos os nenos teñen garantido o acceso aos materiais didácticos e cun custe moito menor