Benestar dinamizará as súas instalacións xuvenís para facilitar a posta en marcha de programas de educación non formal

PDF Imprimir

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica  a nova orde da Consellería de Traballo e Benestar a través da cal as asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude, as escolas de tempo libre, as corporacións locais, os centros educativos, os consellos locais e municipais de xuventude e outras entidades públicas ou privadas, así como grupos de mozos e mozas que organicen actividades de educación non formal dirixidas á xuventude e sen ánimo de lucro van poder solicitar o uso dos albergues xuvenís da súa titularidade.

Disporán dun prazo de dous meses para presentar a súa solicitude.Tratase de favorecer o desenvolvemento de actividades e proxectos de educación non formal, constituíndo a Orde un instrumento máis para afondar na adquisición de competencias e habilidades por parte da xuventude, á vez que se dinamizará o uso das instalacións xuvenís.

A través desta convocatoria poranse a disposición da mocidade os albergues xuvenís de titularidade da Consellería de Traballo e Benestar, para o seu uso no período comprendido entre o 1 de marzo e o 14 de xuño do ano 2015 e as estadías terán unha duración máxima de catorce días.

As instalacións das que se poderá solicitar o seu uso son o albergue xuvenil de Gandarío en Bergondo, A Coruña; a Area en Viveiro e a de Benigno Quiroga en Portomarín, Lugo; o albergue xuvenil das Sinas en Vilanova de Arousa e ao de Pontemaril en Forcarei, Pontevedra.

Mais info:http://xuventude.xunta.es/oferta-concertada-fora-do-periodo-da-campana-de-veran.html